Tuesday 07 de May de 2024

Profesores da Universidade de Barcelona explicaron a iniciativa ‘arquitectos de cabeceira’ no Workshop da Fundación RIA


REPUTADOS EXPERTOS ESTÁN IMPLICADOS NA INICIATIVA, DIRIXIDA A ARQUITECTOS E ALUMNOS DE ÚLTIMO CURSO DE CATRO UNIVERSIDADES DE ESPAÑA E PORTUGAL

Santa Uxía de Riveira, 8 de novembro de 2018- O Workshop sobre planificación urbanística que organiza a Fundación RIA alcanza a súa terceira con interesantes propostas. Así, os 15 asistentes a este taller pilotado por David Chipperfield tiveron a oportunidade de escoitar a Ibón Bilbao e a Josep Bohiga, dous profesores da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona (ETSAB) impulsores na cidade condal da iniciativa ‘Arquitectos de Cabecera’, que garda moitas similitudes nos seus plantexamentos cos postulados sobre os que traballa a propia Fundación RIA no sentido de buscar unha arquitectura e un urbanismo centrados no suxeito e no obxecto, poñendo este saber ao servizo dos cidadáns.

A modo de introdución e para dar a coñecer a súa metodoloxía de traballo, Bilbao e Bohigas explicaron no segundo andar do mercado unha exitosa intervención tamporal efectuada no barrio de Safaretjos en Santa Coloma de Gramanet na que, baixo o título “Fem Festa! Fem Safaretjos!”, lograron involucrar á propia poboación á hora de revitalizar un espazo degradado.

Naves do Touro
Ademais, mañá ás 12 horas o Workshop da Fundación RIA vai recibir no edificio da praza de abastos aos alumnos e profesores dun taller de último curso de arquitectura da Universidade da Coruña centrado na recuperación das antigas naves situadas no lugar riveirense do Touro. Este encontro concíbese como unha oportunidade de compartir coñecementos, experiencias e sensacións entre ambos grupos. Dende a Fundación RIA indican que a cita está aberta aos veciños e medios de comunicación que estean interesados en acudir.

Cómpre subliñar neste último senso que o Workshop Fundación RIA considera esencial contar coa implicación e recibir feedback por parte da cidadanía. Por iso, calquera persoa interesada pode acercarse ata o mercado, de luns a venres de 9 a 14 horas, e o equipo organizativo do taller estará encantado de explicar a súa actividade e os obxectivos que perseguen.